O IES de Meaño deixa entrar a ciencia ata a cociña

    MEAÑO> Cociña e ciencia combináronse este mediodía no Instituto de Meaño. O centro acolleu a actividade COCIÑAconCIENCIA, impulsada polo Consello Superior de Investigacións Científicas, que busca explicar aos rapaces os riscos que afectan á seguridade dos alimentos.

     

    Non lavar ben os ovos da casa, gardar os restos de comida fóra da nevera ou non ter precaucións cos alimentos conxelados, son prácticas que parecen inofensivas, pero que poden poñer en risco a nosa seguridade alimentaria.

    Destes costumes quere advertir o proxecto do CSIC COCIÑAconCIENCIA. Unha iniciativa na que ambas disciplinas van da man, dirixidas pola microbióloga Graciela Ramilo e o chef Pepe Solla.

    Estes vídeos viaxan agora por toda Galicia. Hoxe fixeron parada no Instituto de Meaño, un dos centros que recolleu a luva da proposta do CSIC.

    Esta mañá COCIÑAconCIENCIA axitou as mentes e os hábitos de preto de 40 alumnos de terceiro da ESO que participaron deste proxecto de divulgación científica. 

    Uns hábitos que non por frecuentes son axeitados, tal e como demostra a ciencia cando a deixamos entrar nas nosas cociñas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/03/charla_cole_meano_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/03/charla_cole_meano.mp4{/flowplayer}