Cambados celebrará unha gala solidaria para axudar a Merchi Álvarez a costear o tratamento en Corea do Sur

CAMBADOS> Cambados celebrará unha gala solidaria para recadar fondos a favor de Merchi Álvarez e a súa loita contra a Ame. A gala terá lugar o sábado 24 no auditorio da vila e o prezo da entrada será de 10 euros. No evento participarán artistas como Jorge Casal e 2 na Fronteira.

Cambados continúa involucrándose na loita de Merchi Álvarez para conseguir a financiación necesaria para poder costearse o seu tratamento en Corea do Sur. A vila apoiará unha iniciativa da cambadesa para realizar unha gala solidaria para apoiar a súa loita.

A gala celebrarase o sábado 24 e nela actuarán: Jorge Casal, 2 na Fronteira, Pepe Cacabelos, Carmela e Anxo e Marián, dirixidos por Pablo Piñeiro.

A cambadesa agradeceu o apoio recibido e agarda poder acadar a financiación necesaria para poder continuar cun tratamento que xa lle deixou notables mellorías.

A gala ten un custo de 10 euros e as entradas poden mercarse na oficina de turismo, na casa mariñeira ou no auditorio o propio día no despacho de billetes. Coa entrada, ademais, recibirase un cartón do bingo e durante o evento terá lugar diferentes sorteos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí