O Río Umia empeza a desbordar

    Na tarde de hoxe podíase contemplar como o Río Umia o seu paso por Vilanoviña, desbordaba na zona das Aceñas e nas fincas próximas. Unha estampa típica da zona cando se producen enchentes no río por mor das copiosas chuvias que están a caer nestes días. De seguir así o tempo ou empeorar como amosan as prediccións meteorolóxicas, o Río Umia poderíase desbordar o seu paso por Pontearnelas, inundando a senda fluvial que percorre o río pola marxe dereita do seu cauce e mesmo as fincas da parcelaria de Oubiña e Ribadumia. {gallery}ano2014/01xaneiro/03/Rio_Umia{/gallery}