Louzán considera vergonzoso que o PSOE impugnase o mitin do PP

    mitinppilla100_230507_1.jpgA ILLA > Conseguir a maioría absoluta é o obxectivo que se marcan na Illa de Arousa tanto o PP como o PSOE

    … Os socialistas gobernan en minoría con 5 edís e os populares son, con 4 concelleiros, o principal grupo da oposición. E ambos coincidiron onte en celebrar, case á mesma hora, o seu mitin central. O PP optou polo Hotel Tamanaco, mentres que o PSOE estivo no Cine Capitol.

    mitinppilla200_230507.jpgO PP da Illa contou onte á noite co respaldo do presidente da Deputación e responsable provincial do partido. Rafael Louzán pediu tranquilidade ó PSOE local, por querer impugnar este mitin do PP: ‘hai que ver para crer, que o PSOE non saiba as regras democráticas’.

    Louzán amosouse convencido da vitoria do PP na Illa o vindeiro día 27 porque neste comicios presentan ‘un magnífico candidato, cun extraordinario equipo e cun programa pensado para gañar e para gobernar’. Os populares cualificaron de ‘inverosímiles’ as propostas do PSOE xa que ‘en 8 anos non fixeron nada’. Foron especialmente críticos co ‘urbanismo salvaxe’ que hai na Illa e que ‘está a obrigar á mocidade a vivir fóra do seu concello’.

    O PP tamén tivo palabras de alento para os veciños con expedientes sancionadores abertos por mor da Lei de Costas.

    Redacción Salnés