Novo accidente con feridos en Bamio

9

Esta tarde rexistrouse un novo accidente na estrada PO-548 a altura de Bamio, entre Catoira a Vilagarcía. No accidente víronse implicados dous turismos, un Citroen Shara e un Wolswagen Polo que chocaron frontolateralmente, e segundo indicaron fontes preseciais puido ser debido a unha forte granizada que caiu no momento do sinistro. En principio os dous feridos non presentaban lesións de consideración pero ainda así foron trasladados polo 061 o Hospital do Salnés. O lugar do sinistro acudiron de inmediato membros do servizo de Protección Civil de Vilagarcía. {gallery}ano2014/01xaneiro/04{/gallery}

COMPARTIR