Mexillón de Galicia e Aroga aseguran que non romperon o acordo de ACUI

    ramondios100_230407.jpgVILAGARCÍA > O presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia afirma que por parte do sector non se rompeu acordo …

    … algún coa empresa organizadora de ACUI.

    O presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Ramón Dios, afirma que o sector non rompeu ningún acordo coas empresas organizadoras de ACUI. En setembro o consello firmaba, xunto con Aroga e esas empresas, un contrato privado que daba entrada na feira ós principais sectores da acuicultura galega. Deste xeito, as organizacións que aglutinan ás empresas de mexillón e de rodaballo apoiarían economicamente a feira e a cambio faríanse co 66% da marca. Cinco edicións despois, os productores disporían de tódolos dereitos sobre o evento. Para Ramón Dios, o acordo rompeuse xa ó rematar ACUI2006, cando a empresa, que incluso cambiou de nome, non quixo elevar a público o contrato privado.

    Indica ademais que se hai problemas é porque Mexillón de Galicia e Aroga defenden os intereses do sector e non os dunha empresa privada. Os avogados do sector estudan se aquel acordo segue sendo válido e ver se aínda teñen opcións ou non de facerse co control de ACUI. En todo caso, Ramón Dios quixo deixar claro que si houbo reunións de traballo nos últimos oito meses, e que o sector non vai deixar de lado a feira de Vilagarcía.

    Redacción Salnés