Ravella compromete actuacións urxentes para paliar as inundacións nos colexios

    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía comprometeuse a actuar de urxencia nos colexios de A Lomba e Arealonga. As concelleiras Rocío Llovo e Ana Granja atenderon onte as reclamacións dos representantes dos pais dos alumnos, e aseguraron que tomarán medidas de xeito inmediato para evitar as inundacións.

     

    Os representantes dos pais dos rapaces dos colexios Arealonga, A Lomba, Vagalume e do Anexo, marcharon da xuntanza do concello cun compromiso baixo o brazo.

    Eliminar os encharcamentos do acceso dende a Xunqueira, mellorar a drenaxe da pista polideportiva exterior e solucionar a acumulación de auga na zona arbolada próxima á gardería e das vivendas dos mestres, son outras das actuacións inmediatas comprometidas dende o concello. Porén, outra reclamación dos país quedou no tinteiro: a construción de beirarrúas na parada dos autobuses.

    Non hai datas sobre a mesa, pero o compromiso é que os traballos comecen de xeito urxente.

    As actuacións comprometidas na xuntanza veñen completar a colocación de cinco arquetas nos colexios. Unha intervención que contou cun investimento de 1.700 euros pero que foi insuficiente para solucionar os problemas de inundacións que sofren os centros.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/23/reunion_coles_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/23/reunion_coles_vilagarcia.mp4{/flowplayer}