A maraxe esnaquiza parte do Paseo da Lanzada

    O GROVE> A intensa maraxe e as fortes chuvias destes dous últimos días causaron notables estragos nas Rías Baixas. Na Comarca do Salnés o peor rexistrouse nos Concellos de Valga e do Grove e nas veigas do río Umia. O paseo de madeira e os chanzos da praia da Lanzada apareceron hoxe ciscados polo areal. O temporal desta fin de semana longa levouno por diante ó chegaren ás ondas ó outro lado da estrada de orillamar nalgúns puntos do Grove; e noutros como en Ardia, era a auga que baixaba do monte a que asolagaba as estradas. Este foi só algún dos estragos que causou o temporal na vila meca, amais de cuantiosas avarías no tendido eléctrico e no entorno do peirao. Hoxe os operarios municipais e das compañías eléctricas continuaban cos traballos para restablecer a normalidade. No Concello de Valga o temporal provocou máis asolagamentos en vivendas particulares e a caída de árbores en estradas que tiveron que ser pechadas ó tráfico. Un dos episodios máis complicados viviuse na estrada PO-548, na coñecida como recta de Campaña onde a auga se fixo dona de todo; ó igual que nas zonas do Carballiño, O Forno, Casa Nova en Cordeiro, e n a Avenidade da Coruña e na Devesa. En Vilagarcía formáronse bolsas de auga na Avenida da Mariña e en Rosalía de Castro, e saíron voando sinais, valados publicitarios e mesmo contedores do lixo en varios puntos do Concello; ó igual que nos Concellos da contorna; unha situación de emerxencia xeralizada propia dun inverno ben duro en Galicia. Asegura o Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra que de non ser pola contención que supón o encoro da Baxe os danos terían sido moito maiores en todo o curso do río Umia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/07/lanzada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/07/estragos_inundacions_07012014.mp4{/flowplayer}