![]()
MEIS> Meis presenta a súa programación para a Semana Santa con tres das celebracións máis importantes para o concello e a comarca: a Semana Santa de Paradela, a romaría das Cabezas e a Romaría de San Gregorio. Este ano a principal novidade está no cambio ao castelán na representación das escenas relixiosas para un mellor entendemento dos visitantes que se achegan a Meis dende fóra de Galicia.
A Semana Santa de Meis é unha das máis coñecidas do Salnés e hoxe presentaba a súa programación para estes días nos que se unen ata tres celebracións. A Semana Santa de Paradela, declarada de interese turístico comezará o Domingo de Ramos coa bendición das palmas as 12 e media no Campo do Outeiro e a escenificación da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén. O Xoves Santo as 10 da noite Última Cea e posteriormente Prendemento e Xuízo de Xesús. O Venres Santo Via crucis ata o Monte da Croa e Crucifixión e pola note Desencravo e Descendemento seguidos da procesión do Santo Enterro.
Todas as escenas da morte de Xesús teñen este ano un cambio notable e é o paso dos diálogos do galego ao castelán.
Enlaza esta celebración coa Romaría das Cabezas na que, ademais da tradicional peregrinación ao mosteiro da Armenteira, o luns de Pascua celebrarán a festa da mocidade que leva 14 anos repetíndose ininterrompidamente e na que se dan cabida grupos musicais de afeccionados que se darán cita no campo da festa.
Na Romaría de San Gregorio, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de abril repetirase como en anos anteriores co xigantesco bolo de Pascua que ostenta un récord Guinness e que outro ano máis se realizará con 6000 ovos que foron doados polos veciños da parroquia.
Dende Meis esperan unha boa acollida da súa programación e que ata alí se achegue como no pasado milleiros de persoas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/16/ptac_semana_santa_meis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/16/ptac_semana_santa_meis.mp4{/flowplayer}









