A rehabilitación do antigo estaleiro Ciprián encara a súa última fase

OUTES> Acompañamos ó alcalde, Manuel González, durante a visita as obras de de mellora este espazo que se están a executar actualmente e bnas que se invisten uns 349 mil euros.

A rehabilitación do antigo estaleiro tradicional Ciprián, na enseada de Broña, forma parte dun ambicioso proxecto deseñado polo Concello que busca converter a este espazo no primeiro Centro de Interpretación da Carpintería de Ribeira en Galicia.

A actuación, que xa vai moi avanzada, ten coma finalidade recuperar a esencia de Outes, poñendo en valor unha tradición histórica na vila, como é a dos carpinteiros de ribeira.

O alcalde confía en que os traballos, que non só incluirán a mellora das instalacións do estaleiro, pois prevese tamén o acondicionamento de toda a contorna, poidan estar rematados este verán.

O orzamento total desta actuación supera os 349 mil euros, incluíndo o seu plan de musealización. Para a súa realización, o Concello conta cunha achega da Unión Europea por valor duns cen mil euros a través do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro de Fisterra, Ría de Muros-Noia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí