Vilaxoán recibe 102.000 euros para manter as súas concesións

    VILAGARCIA> A Confraría de Vilaxoán recibirá case seis mil euros para a rexeración dos seus areais e outros 96.000 para a vixiancia e xestión das súas concesións. Así o asinaron esta mañá nun convenio de colaboración o Patrón Maior deste pósito e o subdelegado do Goberno en Pontevedra. O Subdelegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís continúa ca súa xeira de visitas ás Confrarías das Rías Baixas para asinar cadanseu convenio de colaboración para que os pósitos da contorna poidan levar a cabo as súas labores de xestión, rexeración e vixiancia dos seus bancos marisqueiros. No caso de Vilaxoán, dado o reducido das súas concesións e a que non puideron optar a tódalas subvencións dispostas por cuestión de tempo, a achega para rexeración dos seus bancos marisqueiros é de seis mil euros. Para a vixiancia e xestión das concesións de Vilaxoán a Xunta achega 96.000 euros, que servirán para subvencionar os soldos dos seis gardas de campo cos que conta a Confraría. Uns vixiantes que, amais de evitar o furtivismo, dan a alerta en episodios como o da contaminación no entorno da antiga fábrica de Conservas Peña. O Patrón Maior vilaxoanés aproveitou esta visita para reclamar outra serie de melloras para a entidade que preside, como por exemplo, a restauración da sé da Confraría. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/09/vilaxoan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/09/touris_confraria_vilaxoan.mp4{/flowplayer}