SANXENXO> ‘Novo Porto de Portonovo’ é o nome do proxecto gañador do concurso de ideas para a remodelación da zona portuaria de Portonovo. A proposta que conseguiu a mellor valoración por parte do xurado levará un premio de 25.000 euros. A súa execución suporía un investimento de case 14 millóns de euros. Busca a integración do porto, o casco urbano e as praias a través de prazos e zonas verdes e peonís.
O proxecto ‘Novo porto de Portonovo’ fíxose co primeiro premio do concurso de ideas para a remodelación da zona portuaria e a súa contorna, convocado por Portos de Galicia e o Concello de Sanxenxo. O xurado deu esta mañá a coñece-lo resultado das votacións, onde se expuxeron os seis proxectos presentados.
Malia a calidade das propostas, esté é a mellor valorada e a que, polo tanto, levará o premio de 25.000 euros. Busca a integración do porto, o casco urbano e as praias a través de prazos e zonas verdes e peonís.
A súa execución suporía un investimento de case 14 millóns de euros. Así e todo, o proxecto final pode ser susceptible de modificacións ou cambios.
O proxecto gañador reserva máis de 15.000 metros cadrados para espazos peonís ou verdes. Para a actividade pesqueira e de usos portuarios contémplanse case 22.000 metros cadrados. Ademais, propón a creación dun aparcadoiro soterrado con 300 prazas dispoñibles nun só andar.
Os proxectos ‘Dunas’ e ‘Tales’ lograron o segundo e terceiro posto no concurso. Levarán, respectivamente, 10.000 e 5.000 euros.