O campo do Terrón estará rematado para a primeira quincena de agosto

    campofutbolterron_100_270707__still_001.jpgVILANOVA > O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, visitou esta mañá o campo de fútbol do Terrón para falar do desenrolo das obras.

    Durán prevé que o campo estea rematado para a primeira quincena de agosto.

    Durán amósase optimista e prevé que en algo máis de 15 días o aparcamento, os accesos e o campo de fútbol estean rematados. O alcalde tamén afirmou que pese os problemas que tivo esta construcción as obras desenrólanse con rapidez.

    Este complexo lúdico deportivo do Terrón contará cun campo de fútbol e un centro de talasoterapia que se situará con vistas á ría. Sen embargo dende o concello estase a traballar tamén na proposta dos deportistas do concello de construír unha escola de piragüismo no lugar.

    As obras desenrolaranse con rapidez pero no tema da imposibilidade de construír vestiarios o alcalde evitou pronunciarse. O orzamento destinado a este proxecto ascenderá a case 700.000 euros.

    Redacción Salnés