O xeriátrico de Ribadumia celebra un simposio de orientación laboral

    RIBADUMIA > O centro xeriátrico de Ribadumia celebrou hoxe un simposio de orientación laboral dirixido a estudantes de formación profesional. Preténdese con esta iniciativa acerca-los alumnos de ensinanzas tan dispares …

    … coma Anatomía Patolóxica e Estética, a un “nicho” de traballo cada vez máis emerxente.

    Os alumnos de Estética e de Anatomía Patolóxica e Citoloxía do instituto Lamas de Abade de Santiago, puideron coñecer hoxe de primeira man a vida dentro dun xeriátrico. Foi no simposio celebrado hoxe no centro de maiores de Ribadumia, no que se lle mostrou ós asistentes o traballo dentro da residencia. Unha cita na que tamén se informou sobre os estudos universitarios de xereontolóxica en Galicia e a formación profesional en sectores emerxentes no coidado das persoas maiores.

    O director do simposio destacou dúas cualidades principais dentro das posibilidades laborais que ofrecen as residencias coma a de Ribadumina. Por un lado contribúen a un crecemento intensivo do emprego no rural galego , e por outra banda centros coma este convértense nunha posible saída laboral para moitas ramas profesionais ata agora distanciadas deste campo, coma a hostelería ou a estética. Á visita guiada polas instalacións do centro, seguíronlle varias charlas de profesionais no sector.

    Redacción Salnés