PONTEVEDRA> Tras ser distinguida o ano pasado co premio Intermodes, os seus representantes non deixan de viaxar e participar en congresos nos que amosar a outros países o seu modelo de mobilidade. Este mércores farano en Bastia, Córcega, onde o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores disertará sobre modelos urbanos e intermodalidade. Como deseñar unha cidade para os peóns que sexa compatible co tráfico rodado e sobre todo coa seguridade para os viandantes e o desfrute dos cidadáns. Este será o tema en torno ó que vire a exposición que este mércores realizará o alcalde de Pontevedra na Xornada Europeo da Mobilidade que se celebrará en Bastia, Córcega. Esta filosofía será a que sigan estendendo aló a onde os conviden como convidados. Porque na axenda deste ano xa hai máis citas como esta. Certo que pendentes de confirmar, pero é posible a participación nun cogreso de mobilidade en Florencia e están convidados a varias cidades portuguesas como Cascais. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/13/mobilidadepontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/13/XORNADA_MOBILIDADE_BASTIA.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA