David Amor inaugura a Gran Recollida Solidaria do Banco de Alimentos

53

PONTEVEDRA> Hoxe deu comezo a Gran Recollida Solidaria organizada polo Banco de Alimentos. Nesta primeira xornada, o padriño da campaña, David Amor, sumouse ós cincocentos voluntarios que colaboran coa iniciativa en supermercados de toda a provincia.

Hoxe arrincou a Gran Recollida Solidaria que tódolos anos organiza o Banco de Alimentos en datas próximas o Nadal. David Amor, padriño da iniciativa, valoraba positivamente o inicio da campaña.

Esta mañá foi un máis dos cincocentos voluntarios que se apuntaron a botar unha man.

O obxectivo desta iniciativa é paliar o desabastecemento dos almacéns do Banco de Alimentos, que en Pontevedra entrega comida tódolos meses a 41 entidades.

David Amor lembrounos qué podemos achegar.

A modo de anécdota, o actor picouse nas redes coa madriña do ano pasado, Carlota Corredera, e pretende superar os quilos recollidos no 2017.

A recollida de alimentos continuará mañá durante toda a xornada en supermercados de toda a provincia.