Pontevedra, capital galega do rugby

PONTEVEDRA> A Xunqueira acollerá mañá a multitudinaria concentración das escolas de rugby de Galicia. No evento participarán máis de 400 deportistas e haberá actividades para todos os públicos. Coa celebración desta xornada, o Club de Rugby de Pontevedra pretende converter á Boa Vila na capital galega deste deporte.

Traballo en equipo, compromiso e respecto, eses son os valores principais do Club de Rugby de Pontevedra. E eses son os sentimentos que se vivirán mañá nos campos da Xunqueira. Porque a cidade acolle, de novo, a concentración de escolas de rugby de Galicia, un evento no que participarán máis de 400 deportistas e no que haberá numerosas actividades.

Durante toda a mañá, as escolas participarán en máis de 40 partidos nos que o menos importante será o resultado.

O rugby está dando pasos de xigante para eliminar os prexuízos que existen sobre esta disciplina e, sobre todo,  para conseguir que se converta pouco a pouco nun deporte maioritario.

Comments are closed.