RIANXO> O PSOE de Rianxo segue a demandar medidas que favorezan a conciliación das familias. Entre elas, a implantación do Plan Madruga no CEP Brea Segade que este curso tampouco dispón do servizo.
O PSOE de Rianxo volve instar ó executivo a poñer en marcha o Plan Madruga no CEP Brea Segade para favorecer a conciliación das familias, que a día de hoxe non dispoñen deste servizo para deixar ós nenos no centro educativo antes do inicio do horario lectivo. Demandan os socialistas criterios máis flexibles para a posta en marcha do plan como que se eliminen as ratios mínimas neste primeiro ano.
Piden tamén facilidades para a inscrición no servizo como a posibilidade de asistir días soltos e non o mes completo así como a felxibilizacións dos pagos, establecendo treitos horarios adaptados ás necesidades das familias.











