Sentenza exemplar para dous furtivos de Cabo de Cruz

    BOIRO> A xustiza prohíbe a dous furtivos violentos, e con antecedentes de agresión, achegarse a douscentos metros das praias de Cabo de Cruz, en Boiro. Estas dúas sentenzas dos xulgados de Ribeira supoñen un gran avance, pero os mariscadores da zona continúan sufrindo o furtivismo. A última denuncia foi esta mesma semana. A primeira das sentenzas, relata que o 4 de novembro de 2015, mentres extraía marisco sen autorización, o condenado púXose agresivo co persoal do pósito que vixiaba a praia crucense do Chazo, e mesmo chegou a ameazalos. O furtivo terá que pagar unha multa de 360 euros, e no non poderá achegarse a 200 metros dos areais de titularidade da Confraría de Cabo de Cruz. A mesma distancia mínima é a que ten que cumplir o segundo condenado. Un furtivo reincidente que o 4 de febreiro deste ano, fixo caso omiso das indicacións do gardapesca cando mariscaba sen permiso, e lanzoulle ameazas graves. Ambas medidas terán unha vixencia de medio ano. Aínda que é un paso adiante, o furtivismo continúa sendo un pesadelo diario para os centos de familias que viven do marisco nesta zona. A xustiza, unha vez máis, aínda que esperanzadora, segue indo por detrás nda crúa realidade destes traballadores. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/20/sentenzas_furtivos_cabodecruz_1200720161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/20/sentenzas_furtivos_cabodecruz_120072016.mp4{/flowplayer}