Noia vive o seu día grande coa feira de San Marcos

NOIA> Aínda que apuntaba mal tempo, finalmente aguantou. Polo que non había escusa para non achegarse á feira de San marcos, que se celebrou como é costume na explanada de San Lázaro.

Centos de veciños, non só de Noia senón de toda a comarca, atraídos por esta lonxeva tradición achegáronse a vivir esta festa, unha das máis populares das que se celebran na contorna.

Sen dúbida un dos maiores atractivos foi a tradicional feira cabalar. Durante toda a xornada de mañá desenvolvéronse concursos morfolóxicos e exhibicións de doma.

A exposición de maquinaria agrícola complementaba a feira cabalar que estivo moi concorrida e animada, na que non faltou tampouco o polbo…

Pero a pesar de que hoxe era o día grande, as celebracións non rematan aquí, posto que a próxima fin de semana terán lugar tamén varios concertos para despedir as festas do San Marcos como se merece.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí