A plataforma contra a suba do IBI asesorará ós cidadáns

    VILAGARCIA> A plataforma contra a suba do IBI en Vilagarcía pide que se retiren as domiciliacións bancarias para o pago dos impostos municipais posto que no pasado pleno non se aceptou unha pequena rebaixa para os que pagaban deste xeito en período voluntario. É unha das medidas de presión que propoñen na súa cruzada en contra do incremento deste imposto e para procurar unha revisión catastral neste Concello.

    A campaña en contra da suba do IBI continúa en Vilagarcía. Tralo éxito da súa última manifestación, na que contabilizaron tres mil persoas, continúan adiante cas súas reivindicacións. Unha delas pasa por unha nova revisión catastral acorde á valoración real actual do mercado inmobiliario. Este colectivo pretende volver a levar a pleno as súas reivindicacións mediante un escrito posto que non lle satisfixo o desenvolvemento da anterior sesión. Amais, non están conformes cas poucas medidas adoptadas como a de bonificar só un 5 % o Imposto sobre Bens Inmobles para as familias de escasos recursos. Para eles é unha porcentaxe ridícula.

    Esta plataforma asegura contar co apoio de toda a oposición, os sindicatos e ós colectivos veciñais ó completo, razón pola cal continuarán na súa cruzada para procurar esta baixada de impostos. Como primeira medida de presión, a plataforma contra a suba do IBI en Vilagarcía pide que se retiren as domiciliacións bancarias para o pago dos impostos municipais posto que no pasado pleno non se aceptou unha pequena rebaixa para os que pagaban deste xeito en período voluntario. Amais, están na procura dun local onde poder asesorar a toda a cidadanía sobre esta cuestión e outras que eles consideren de xustiza social.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/ibi_2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/plataforma_ibi_villa_160114.mp4{/flowplayer}