Chegan os primeiros seres mitolóxicos ós Parque Encantado

    parqueencantadocaldas100_240407.jpgCALDAS > O Concello recibiu esta tarde as primeiras figuras de pedra que conformarán o denominado Paseo Encantado

    … Trátase de esculturas elaboradas pola Escola de Canteiros de Poio baseadas na mitoloxía galega.

    A coca, o home do saco, ou a árbore dos desexos xa descansan no Paseo Encantado de Caldas. Así se denomina o paseo fluvial do Umia que se está a adornar cunha decena de esculturas de pedra de seres da mitoloxía galega elaboradas pola Escola de Canteiros de Poio. O centro xa leva varios anos colaborando co Concello caldense dentro de Cultura Quente e este novo aporte coincide coa celebración do décimo aniversario do festival.

    O paseo fluvial do Umia recibiu tamén estes días algúns dos camelios centenarios cedidos por un particular ó Concello. A brigada municipal de xardinería estaos a replantar no parque da Tafona. O que terá que esperar aínda é a ponte de madeira sobre o río Bermaña. Estaba previsto que chegase hoxe pero a empresa atrasou o traslado. A ponte permitirá continuar o paseo da Tafona ata a depuradora das Corticeiras.

    Redacción Salnés