Porto do Son ofertará cursos da UNED Sénir a partir de novembro

    PORTO DO SON> Porto do Son convértirase no terceiro concello da comarca en ofertar cursos da UNED Sénior. A partir de novembro poranse en marcha as materias de lanoterapia, música e canto tradicional e conservación de alimentos. A través dun convenio coa UNED Sénior e a asociación Máis que Tres, o concello de Porto do Son ofertará formación para maiores. No primeiro cuadrimetsre que arranca en novembro ofertaranse tres materias. Os cursos van dirixidos a maiores de cincuenta e dous anos que obterán a certificación oficial da UNED. As persoas menores desa idade que queiran participan poden tamén inscribirse optando a unha acreditación por parte do concello. O curso de conservas terá lugar no viveiro de empresas mentres que o lugar a impartir as outras dúas especialidades están aínda por determinar. O obxectivo deste programa, xa implantado con éxito en Rianxo e Lousame, e ó que pretenden adherirse outros concellos da comarca é achegar a formación á poboación que vive no rural. O prezo de inscrición é de cincuenta euros por asignatura que se impartirá en sesións semanais de dúas horas. Cabe a posibilidade de dividir o pago en catro cotas Os interesados poden anotarse a través da web da UNED ou nos departamentos de orientación laboral e de servizos sociais do concello.