Os casos máis graves de cardioloxía derívanse ó Clínico

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/montecelo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/enquisa_hospital_pontevedra_160114.mp4{/flowplayer} <hr id=”system-readmore” />

    PONTEVEDRA> O Complexo Hospitalario de Santiago asumirá a partires de primeiros de mes os casos máis graves de cardioloxía, así como as cirurxías desta especialidade. Un traspaso de competencias que non gusta nada ós doentes da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés, malia que as consultas de cardioloxía seguirán tendo lugar nos correspondentes centros de referencia.

    O Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela atenderá desde primeiros de febreiro ós casos máis graves e ás cirurxías de cardioloxía da área Sanitaria Norte de Pontevedra, é dicir, os casos pertencentes ós Hospitais de Pontevedra e o Salnés. As razóns que se esgrimen para reorganizar este mapa de derivacións é que o CHUS dispón dos medios máis moderado infrautilizados, e conta con varios dos mellores profesionais da materia a nivel internacional. Amais, cardioloxía é unha área moi sensible na que os facultativos teñen que ter un adestramento intenso para o que se precisa un elevado volume de pacientes. Uns argumentos que non convencen ós cidadáns de Pontevedra e O Salnés, que ven nesta medida unha nova perda de competencias desta área sanitaria.

    Para moitos estas derivacións son un paso máis no desprestixio e na retirada de competencias a esta área sanitaria; séntense discriminados cando eles pagan a sanidade igual que os cidadáns doutros núcleos de poboación.

    Algúns doentes aqueixados de doenzas cardíacas aseguran que na práctica xa se estaban desviando os casos máis complexos a Santiago. Este afectado prioriza a calidade asistencial por riba do quilometraxe para ser atendido. Desde o sindicato Comisións Obreiras de Pontevedra xa animaron á saír á rúa a manifestarse en contra dunha nova discriminación con esta cidade e a súa contorna. Aseguran que son seis as especialidades médicas que se desvían á Santiago no novo mapa de derivacións da Consellería de Sanidade, ó que convirte ó Montecelo, ó Provincial e ó Salnés e ós seus traballadores en Hospitais e profesionais “de segunda”.