Andrés Fariña non repetirá como candidato socialista á alcaldía

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/10/psoeribeiracandidatomunicipais1011141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/10/psoeribeiracandidatomunicipais101114.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Os socialistas abriron o pasado tres de novembro un proceso de primarias do que sairá o futuro candidato. Un dos que xa anunciou a súa precandidatura é o actual secretario local, Xosé Manuel Vilas, pero hai máis persoas que tamén se postulan. Andrés Fariña, actual voceiro do Partido Socialista na corporación municipal ribeirense, non repetirá coma candidato á alcaldía por esta formación política. A nova, que se fai agora pública, xa lle fora comunicada por el mesmo á agrupación local hai aproximadamente un ano. Aínda así Fariña, coma os outros dous edís actuais na corporación municipal seguirán desempeñando a súa función ata o remate da actual lexislatura. O pasado 3 de novembro abriuse un período de primarias do que sairá o futuro candidato e dúas son ata o de agora as candidaturas presentadas Unha delas a do propio Xosé Manuel Vilas, actual secretario xeral, que nos explicou as razóns que o levaron a tomar a decisión de presentarse baseando a seu proxecto en tres eixos fundamentais: recuperar o protagonismo de Ribeira, impulsar a actividade do sector primario, especialmente a pesca e o marisqueo así como facilitar a creación de chan industrial. Outra das persoas que, ó parecer tamén teñen intención de presentarse é o propio secretario de organización do PSOE ribeirense, Ricardo Fernández, pero non se descartan máis propostas. O prazo de presentación de precandidaturas rematará o vindeiro 17 de novembro. O día 30 coñecerase xa á persoa que loitará por facerse coa alcaldía.