Julián Bustelo encabezará a candidatura de Rianxo en Común

RIANXO> Relevo na candidatura de Rianxo en Común. Julián Bustelo encabezará a lista que concorrerá ós comicios do 26 de Maio. Recolle o testemuño de Antón Castro.

Finalmente Rianxo en Común concorrerá ás eleccións municipais. A formación independente non confirmara ata o momento a sua intención de volver a pelexar pola alcaldía rianxeira. Fíxoo coa presentación do novo candidato, Julián Bustelo, que releva no cargo a Antón Castro, que decidiu voluntariamente non volver a encabezar a lista, aínda que non descarta ocupar algún posto na candidatura. Para o novo candidato Rianxo necesita un cambio de rumbo.

Polo momento, aínda non está configurada por completo pero xa se coñecen os nomes que acompañarán a Bustelo nos postos de saida. Serán Julio Alcalde e Ana Vidal.

Con esta lista renovada, Rianxo en Común confía en consolidar e mesmo mellorar o seu proxecto. Na actualidade conta con dous concelleiros na corporacion municipal.