O grupo de Teatro Airiños actuará en Santiago

RIANXO> Será os días 18 e 25 de xaneiro no Centro Sociocultural de Santa Marta coa posta en escea da súa última función: ‘O cabaré dos 80’. O Cadro Artístico Airiños cumpre 80 anos e quere celebralo ao grande cun proxecto ben especial, levando ao teatro a súa propia historia: momentos históricos mesturados coas anécdotas máis divertidas, rememorarndo escenas clásicas e tamén con moitas sorpresas. Cantares de cego, xogos, música, bailes, cancións, paiasos, maxia… son algúns dos contidos desta especial función. Na obra, diorixida por Esther F. Carrodeguas, toman parte máis de 20 actores e actrices, que porán en escea os 80 anos de vida da compañía, a máis antiga aínda en activo de Galicia. As funcións serán os días 18 e 25 de xaneiro no Centro Sociocultural de Santa Marta, ás sete da tarde. O custo da entrada é de 5€ que irán en beneficio da AGADEA, podéndose reservar anticipadamente na súa sede.