Pepe Vieira faise coa súa segunda Estrela Michelin

TOLEDO> Pepe Vieira faise coa súa segunda Estrela Michelín para o seu restaurante de Raxó. O cociñeiro foi un dos nomes propios da gala celebrada en Toledo na que se entregaron estes galardóns. Canda el segue no máis alto o restaurante Culler de Pau do Grove, de Javier Olleros, que mantén as súas dúas Estrelas. Ademais, repiten cunha Estrela Yayo Daporta en Cambados, O Eirado en Pontevedra, de Iñaki Bretal, e Casa Solla en Poio. Ademais, o Asador O Pazo de Padrón faise por primeira vez cunha Estrela.

De tódalas estrelas a que máis brillou onte na gala Michelín celebrada en Toledo foi a de Pepe Vieira. O seu restaurante, situado en Raxó, en Poio, fíxose onte coa súa segunda Estrela Michelín. O chef dedicou as súas primeiras palabras de agradecemento ao seu equipo.

Visiblemente emocionado, tamén tivo palabras para a súa parella. O cociñeiro aproveitou tamén para despedir aos cociñeiros portugueses que participan no certame e que o ano que vén celebrarán o seu propio evento.

Ademais de Pepe Vieira, Culler de Pau, o restaurante de Javier Olleros no Grove repite un ano máis as súas dúas estrelas Michelín. Pepe Solla, en Poio, mantén a súa Estrela. Tamén Yayo Daporta, de Cambados, e O Eirado de Iñaki Bretal, en Pontevedra, que mantén un recoñecemento que recibiu por primeira vez no 2020. Este ano, ademais, incorpórase á lista de o Asador O Pazo de Padrón, que conquista a súa primeira Estrela Michelín.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí