A Deputación buscará ideas para incorporar Santa Clara ao Museo cun concurso de ideas internacional

[

PONTEVEDRA> Avanzan os traballos no convento de Santa Clara, en Pontevedra. A vindeira semana comezarán as tarefas de exhumación dos corpos das monxas que están soterrados no cemiterio do complexo. Dende o 1900, hai ata 58 soterramentos documentados, pero non se desbota que haxa máis corpos de épocas anteriores. Ademais, a Deputación prepara un concurso internacional de ideas para rehabilitar Santa Clara e incorporalo ao Museo de Pontevedra.

Entre o luns e o mércores da vindeira semana desenvolveranse en Santa Clara as exhumacións dos corpos das monxas que están sepultadas no cemiterio do convento. Dende o 1900 hai rexistrados 58 soterramentos, pero non se desbota que haxa máis de épocas anteriores.

Este é un paso máis nos traballos de recuperación do complexo. Xa remataron as tarefas de desentullo das instalacións, o que facilitará a realización de sondaxes e a catalogación dalgúns dos elementos que se foron atopando.

Agora comezará a fase das sondaxes arqueolóxicas e dos estudos historiográficos, coa participación de ata unha trintena de expertos. Desenvolverase nos próximos tres meses.

A intención é que este estudo axude a orientar cal será o futuro de Santa Clara. Será cara os meses de setembro e outubro. A intención da Deputación é convocar un concurso de carácter internacional para buscar ideas para a súa rehabilitación e poder incorporar o convento ao Museo de Pontevedra.

Tralas visitas que se celebrarán esta fin de semana aos xardíns, o convento quedará pechado por mor destes traballos arqueolóxicos. O que se manterá, explican dende o concello de Pontevedra, é a programación cultural na igrexa.