Jacobo Moreira considera que o BNG falsea os datos en relación á compostaxe

Pontevedra> O PP de Pontevedra denunciou unha vez máis a forma e maneiras que o Goberno Local está utilizando para a colocación dos composteiros comunitarios na cidade. Jacobo Moreira considera que o BNG está facendo o que quere, sen contar, nin explicar o proceso aos veciños. O líder dos populares ten claro que os nacionalistas falsean os datos, xa que confirma que o compost non está producindo ningún aforro nin aos veciños nin as arcas municipais.

A compostaxe segue dando de que falar, estase convertendo nunha arma de pre camapaña electoral. Con esta arma xa en xogo, dende o PP denunciaron esta mañá que este sistema de recollida de residuos non están producindo ningún aforro nin nas arcas municipais, nin tampouco nos petos dos veciños.

Dende as filas do PP tamén denunciaron a metodoloxía que están utilizando dende o Goberno Local para a implantación deste sistema, xa que critican que non informen aos veciños, e destacaron os problemas que xa tiveron en Monte Porreiro, en Eduardo Pondal e en Ponte Boleira.

En relación aos datos que dan dende o Goberno Local, Moreira salienta que se data de datos falsos, xa que a Unión Europea di, segundo o líder do PP que se deben de reciclar o 50 por cento dos residuos para o 2020, pero que en ningún momento fala da compostaxe.

Dende o PP deixaron claro que eles apostan pola compostaxe, pero non polos composteiros comunitarios nunha cidade, senon que consideran que en Pontevedra deberían realizarse o compost de xeito individual, en cada fogar.