PONTEVEDRA> Pontevedra terá que agardar ata o 16 de decembro para ver prendido o alumeado do Nadal. Este ano o concello decicidu atrasar o encendido que tradicionalmente se realizaba a comezos de mes. Explican dende o goberno local que a medida non responde a cuestións orzamentarias, senon que o que buscan é lanzar unha mensaxe coherente e responsable coa situación de crise enerxética e de cambio climático.
Os pontevedreses terán que agardar ata o 16 de decembro para ver as súas rúas alumeadas polo Nadal. O concello decidiu retrasar case 15 días o encendido por, aseguran, responsabilidade e coherencia.
Esta decisión permitirá, ademais, manter o custo da licitación. A pesares do incremento dos prezos da luz, o contrato está dotado con 140.000 euros, a mesma contía que o ano pasado. O goberno local calcula que, de prender as luces a principios de decembro, incrementaríase nun 40%.
En canto ás comparativas con outros concellos da contorna, especialmente coa aposta de Vigo polo alumeado de Nadal como atractivo turístico, o goberno local desbota que este retraso afecte ao comercio local e á hostalería de Pontevedra.