Dúas mozas de Turquía participan en Lousame nun programa de voluntariado europeo

LOUSAME> Estarán por un período de  nove meses colaborando en actividades sociais e culturais organizadas polo concello.

O concello de Lousame retomou este ano a súa participación no proxecto europeo ‘Actividades interxeracionais de voluntariado’ tras un ano no que a pandemia impediu o seu funcionamento. Dúas voluntarias procedentes de Turquía, Ebru Karaca e Dilara Güven colaborarán cos equipos da oficina de voluntariado e de xuventude na organización de actividades de cultura, servizos sociais e deportes.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, destacou a capacidade de adaptación destas dúas mozas e valorou a idoneidade do programa, coma unha oportunidade para coñecer outras culturas.

A súa estancia en Lousame prolongarase ata o mes de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí