RIBEIRA> Nova mobilización ás portas do hospital do Barbanza para denunciar a precarización do sistema público de saúde. A protesta, convocada pola xunta de persoal da área sanitaria de Santiago-Barbanza, pretende denunciar a mala xestión da xerencia que derivou nunha situación crítica do servizo de medicina interna do centro hospitalario.
A pesar das reiteradas denuncias e protestas, a xerencia da área sanitaria de Santiago Barbanza non fixo nada para solucionar o déficit de profesionais de medicina interna no Hospital do Barbanza. Dende a xunta de persoal atribúen á mala planificación o feito de que o centro conte tan só con 5 internistas dunha plantilla que debería estar conformada por dez.
A falla de facultativos provoca cambios substanciais nas condicións de traballo de varios profesionais de Santiago, obrigados a desenvolver quendas ou gardas no Barbanza. Dende a xunta de persoal demandan a realización dun informe detallado sobre a situación do servizo de Medicina Interna que permita unha planificación a curto e longo prazo