CxG demanda á alcaldesa muradá por presunto abuso de poder

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/23/compromisoxgaliciamurosdemandaalcaldesa230114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/23/compromisoxgaliciamurosdemandaalcaldesa230114.mp4{/flowplayer} MUROS> Os edís non adscritos presentaron, ata en tres ocasións, unha proposta para evitar a suba do IBI, sen que chegara a ser debatida. Segundo explicou a propia voceira nacionalista de Muros, María Xosé Alfonso, a actitude da rexedora local, Caridad González, evidencia un claro abuso de poder, vulnerando ademais os dereitos dos edís, ó impedir que e debata e se vote en pleno sobre un tema de especial interese para a veciñanza como é a suba do IBI. Segundo a propia voceira María Xosé Alfonso dáse a circunstancia de que esta non é a primeira vez que a alcaldesa actúa deste xeito pouco democrático, razón pola que decidiron presentar unha demanda nos tribunais. Dende o concello negan ter polo de agora coñecemento algún da denuncia. A alcaldesa, Caridad González, non entende moi ben as razóns que levaron ós nacionalistas a presentar agora esta demanda, cando a actualización do IBI foi un asunto abordado en pleno hai máis de dous meses, dándose a suficiente información ó respecto. Así alude a razóns mais ben mediáticas, tratando de sacarlle protagonismo ó concello muradán nun día especialmente importante pola súa presenza destacada en FITUR.