O Arosa recupera o liderato tras vencer ó Ordes

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/arosa.jpg }https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/07/Arosa_071013.mp4 {/flowplayer} SALNÉS> O Arosa é o novo líder do grupo logo de impoñerse onte na Lomba por 2 a 1 ó Ordes. Segundo é o Boiro que venceu en Ponteareas. Ambos mediranse a semana que ven en Barraña. Imparable. Así está se mostra o Arosa dende hai sete meses, o tempo que leva sen perder un partido. O rival de onte ameaba esa imbatibilidade, un Ordes cun gran plantel e chegaba nun bo momento. Pero os de Piscis volveron a ser mellores, dominando o partido cando tocou e xa no segundo tempo saben do conter os arreóns dos visitantes. As cousas puxéronse de cara moi cedo cun gol de Eloy ós 17 minutos. Unha diferencia que se víu incrementada nada máis comezar o segundo tempo cun golazo de José Ángel de falta. Pouco despois Jesu deixaba ó equipo con dez, tras ver a segunda amarela de xeito riguroso. En inferioridade o Arosa sufríu, recibíu un tanto a falta de dez minutos para o final obra de Capelo, pero soubo manterse ordenado para reter a victoria e festexala diante dos máis de mil afeccionados que se volveron cogregar na Lomba. O Arosa é líder xa en solitario, con dous puntos máis que o Boirok, que onte venceu a domicilio ó Cultural Areas. A vindeira semana, derbi arousán en Barraña co liderato en xogo.