RIBEIRA> Un total de 14 deportistas non profesionais serán becados este ano polo concello en virtude dos méritos acadados na súa faceta competitiva. En total, o goberno municipal destinará a este fin preto dos seis mil euros. Tódolos deportistas seleccionados percibirán unha cantidade en función do seu rendemento deportivo. Así os que máis cartos recibirán serán o parataekwondista, Álex Vidal con 665 euros, seguido da saltadora Ana Peleteiro e a nadadora María Vilas, ambas con 625 euros.
Inicio Deportes