LOUSAME> A Casa da Cultura de Lousame acolle a exposición de pintura ‘Cadernos de viaxe’, de José Luís Veiras Manteiga, polifacético pintor, debuxante, ilustrador e caricaturista noiés que reside en Lousame dende o ano 2001. A mostra, inaugurada esta pasada fin de semana pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e polo propio autor, estará aberta ó público ata o vindeiro 14 de febreiro. Teresa Villaverde agradeceu a José Luís Veiras que unha vez máis volva a escoller Lousame para as súas exposicións e fixo un chamamento ‘a utilizar esta sala de exposicións, que está aberto a todos os veciños e veciñas de Lousame e a todos os artistas da comarca que desexen expoñer nel’. Pola súa banda, José Luís Veiras Manteiga, agradeceu ó concello de Lousame por acoller ‘Cadernos de viaxe’, unha mostra que quen a visita ‘atopará a luz do sur de Francia e tamén os verdes e os ocres da Bretaña e tamén de Galicia’.
Inicio Cultura