RIBEIRA> Novo paso adiante no polígono de Ribeira. O pleno deu o visto bo ó proxecto de urbanización do novo parque que conta tamén co informe favorable de Patrimomio. O obxectivo do concello agora é conseguir financiamento doutras administracións para executar as obras.
A corporación ribeirense aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do polígono de Ribeira dando por concluído así o expediente urbanístico. O texto refundido incorpora as correccións formuladas pola Deputación en relación ó peralte dalgunhas glorietas que non cumprían cos parámetros.
Ademais do visto bo da administración provincial, conta tamén co informe favorable de Patrimonio que procedeu tamén á aprobación do proxecto de prospección arqueolóxica coas directrices a seguir polas construtoras á hora de executar as obras.
En paralelo á resolución destas alegacións, o concello segue a traballar na busca de apoio económico doutras administracións posto que se trata dun proxecto moi custoso, difícil de asumir unicamente con cargo ás arcas municipais.










