María de los Ángeles Davila gaña a viaxe a Eurodisney da campaña ‘Rasca e Gaña’ da Pobra

A POBRA> Esta mañá tiña lugar na Pobra o acto de entrega da viaxe familiar a Eurodisney da campaña comercial ‘Raña e gaña’ levada a cabo na localidade durante este Nadal. A agraciada resultou ser María de los Ángeles Davila.

Co acto de hoxe poñíase o punto e final á campaña comercial ‘Rasca e Gaña’ levada a cabo este Nadal na localidade organizada polo Concello en colaboración coas tres asociacións de comerciantes existentes e co patrocinio, tamén, das principais empresas do municipio. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, valorou moi positivamente a iniciativa que axudou a que a xente comprara no comercio local.

Participaron uns 71 comercios que repartiron uns 600 agasallos directos por un importe total de preto dos 20 mil euros. O premio estrela da campaña era unha viaxe familiar a Eurodisney que finalmente recaeu en María de los Ángeles Davila.

O éxito da campaña este ano fai pensar na súa continuidade o ano que vén.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí