Tensión en Carril

    Conclicto na lonxa de Carril

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/30/conflicto_lonxa_carril300114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/30/conflicto_lonxa_carril.mp4{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Esta mañá, un operativo contra o furtivismo da Policía Autonómica e do Servizo de Gardacostas rematou con varios enfrontamentos ás portas da lonxa, onde se concentraron mariscadoras, parquistas e furtivos.

    O conflito arrincou cun operativo na zona da Rosa, onde os efectivos policiais abordaron á xente que estaba a traballar. Entre eles había parquistas que volvían dos seus viveiros. Despois de pedirlles a documentación, algúns non puideron retirar o marisco que levaban; noutros casos, os axentes decomisaron os aparellos de traballo. Entre os interceptados pola policía tamén había varios furtivos.

    A raíz desto, fóronse concentrando na zona máis persoas que, dende hai tempo, reclaman permisos para traballar no mar. Para eles, a presidenta da agrupación de marisqueo a flote e o presidente dos parquistas, son os responsable da persecución policial que aseguran están a vivir. De feito, esta mañá os enfrontamentos máis tensos vivíronse con José Luis Villanueva.

    Ata a lonxa de Carril se trasladou o patrón da confraría, partidario de atopar unha solución que permita traballar ós que non contan con licenza. Aínda que a concentración se disolveu no entorno das dúas e media da tarde, na lonxa tamén estiveron presentes unha patrulla da Policía Nacional e dúas da local, que tiveron que intervir en escasas ocasións.