A Xunta garantirá a supervivencia da píllara das dunas

GALICIA> O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o plan de conservación da denominada píllara das dunas. O documento, elaborado pola consellería de Medio Ambiente, ten como principal finalidade garantir a supervivencia desta especie declarada como vulnerable. Este Plan é de aplicación en todos aqueles lugares de Galicia considerados como imprescindibles para a conservación e recuperación desta ave. O decreto actualiza e complementa a normativa actual en coherencia coa necesidade de aplicar medidas de protección e xestión da píllara das dunas para reducir os factores que supoñen unha ameaza para a conservación das súas poboacións en Galicia. A aprobación deste Plan vincula tanto ós particulares como ás administracións competentes, debendo tomar en consideración as directrices e actuacións contidas neste Decreto. O proxecto de decreto foi sometido a un intenso proceso de participación pública, celebrándose diversas mesas nas que se explicaron, por sectores sociais e nos respectivos ámbitos provinciais, os contidos do plan, recolléndose ademais as contribucións dos colectivos implicados polas medidas de conservación previstas.