Os xogos entre un golfiño e un can no Freixo fanse virais na rede

OUTES> En apenas uns días acadou preto das 500 mil visualizacións. O vídeo que están a ver foi gravado na Ribeira do Freixo, en Outes, polo xornalista vasco Ibón Pérez.

Tras colgar as imaxes na súa conta de Twitter, os xogos entre un golfiño que se achegou á costa e un can, fixéronse rapidamente virais. No video pódese ver a interacción entre os dous animais, despois de que o can se tire ó mar atraído pola presenza do delfín co que realiza unha serie de xogos e mesmo piruetas.

Ademais do autor da gravación, na zona atopábanse numerosas persoas, especialmente nenos, expectantes e sorprendidos ante este entrañable espectáculo da natureza.