O bo estado da cimentación permite avanzar na reforma do Pazo do Martelo

RIANXO> Satisfacción no seo do concello ribeirense ante o bo avance das obras de rehabilitación do Pazo do Martelo. O resultado das catas desvelou que a cimentación do inmoble está en moi bo estado, o que permitiu axilizar os traballos e ser optimistas no cumprimento dos prazos.

Tras comprobar o bo estado da cimentación, os operarios traballan agora para asegurar a estrutura do Pazo do Martelo e comezar coas demolicións interiores do edificio.

Ademais de rehabilitar o pazo, restaurando a súa imaxe orixinal que implicará mesmo a eliminación da galería, esta actuación permitirá acondicionar o edificio para volver acoller a biblioteca poñendo fin ós graves problemas de humidade.

O proxecto está financiado con fondos europeos e a orde de subvención establece que deberá estar executado en setembro deste ano. O bo ritmo a que avanzan as obras fai que dende o goberno sexan optimistas en canto ó correcto cumprimento dos prazos.