Quince mozos participan en Boiro no curso de creación e consolidación de emprego

BOIRO> Quince mozos participaron no curso de consolidación empresarial organizado en Boiro pola Fundación Incyde de Cámaras de Comercio e o IGAPE. Esta mañá recolleron o seu diploma nun acto de clausura presidido polo alcalde a o director da Axencia Galega de Industria Forestal.

O obxectivo deste curso, que se impartía dende maio no centro de formación de Espiñeira, en Boiro era facilitar a consolidación de novas iniciativas empresarias e facilitar o crecemento das empresas. Así, dos quince participantes na iniciativa que hoxe chegou á súa fin, dez recibiron apoio para proxectos de autoemprego nos ámbitos do comercio especializado, hostalería e servizos á comunidade.

Outros cinco xa tiñan proxectos empresariais en marcha e accederon a formación para a consolidación dos mesmos, en actividades como o comercio, os servizos profesionais ou a comercialización de produtos do mar.

Ademais do alcalde, asistiron á clausura do curso o director de proxectos da fundación Incyde, Francisco Navas, e o director da Axencia Galega da Industrai Forestal, Ignacio Lema. O curso, financiado nun oitenta por cento polo Fondo Social Europeo, enmárcase na colaboración entre a Xunta e Incyde na que xa se teñen formado douscentos sesenta emprendendores en toda Galicia.