OUTES> Segundo o alcalde, Manolo González, os gastos anuais ós que debe facer fronte un concello coma o de Outes polo servizos que presta a escola infantil municipal é de aproximadamente uns 150 mil euros. Dese total a Xunta apenas aporta uns 30 mil.
Segundo o alcalde unha cantidade irrisoria que non abonda para poder cubrir este servizo tan importante para municipios pequenos coma o de Outes, que precisa asentar poboación.
Un trato ben diferente o que a Xunta dá, segundo el, ás escolas infantís privadas.











