Sen atención especializada por non poder pagala

    VILAGARCÍA> Máis prazas concertadas para poder levar ós seus fillos ó centro especializado Con Eles. Esta é a demanda dun grupo de pais de rapaces con discapacidades de Vilagarcía e a súa contorna. Na actualidade, existen prazas vacantes no centro, pero a mensualidade por persoa supera os 1.000 euros.

    Alberto ten 23 anos e unha discapacidade recoñecida. Asistir ó centro Con Eles é o seu principal aliciente do día a día; pero os seus pais non saben se poderán seguir afrontando o custo: 1060 euros ó mes. Alberto foi un afortunado. Outros pais tiveron que deixar ós seus fillos na casa ó rematar o ensino especial subvencionado polo estado ata os 21 anos. Por iso, piden un incremento das prazas concertadas. O centro vilagarcián Con Eles ten capacidade para 50 persoas. Na actualidade, só presta atención a 29, 25 en convenio coa Xunta, que afronta ó redor do 80% da cota. Pero coa crise por bandeira, as súa reivindicacións van caendo en saco roto. Algúns ven como os seus fillos día a día teñen que quedar na casa. A familia de Alberto, pola súa banda, xa non sabe como vai cadrar as contas domésticas. A última comunicación dun organismo oficial chegoulles o mércores: a Xunta informábaos de que a Consellería de Benestar está a tratar o seu caso, pero as esperanzas son nulas. As familias seguirán coa loita. Grazas á mediación de Juan Fajardo de Esquerda Unida, puideron manter unha xuntanza cos voceiros dos partidos, da que conseguiron que o BNG apoiara a súa causa con varias iniciativas no Parlamento. Tamén na cámara autonómica, da man de ANOVA, lerán un manifesto no vindeiro pleno para facer visible as súas necesidades. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/31/entrevistapaialberto_310114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/31/ENTREVISTA_PAI_ALBERTO_CON_ELES.mp4{/flowplayer}