A Mancomunidade analiza o turismo de compras como novo atractivo

SANXENXO> A Mancomunidade do Salnés aposta por seguir sacando partido das súas potencialidades. O ente comarcal ten un novo obxectivo: potenciar o turismo de compras. Esta mañá, representantes da Mancomunidade e do sector turístico da contorna participaban dunha mesa de traballo co experto nesta materia Antonio Santos.

Se hai xente que viaxa a París a mercar un vestido de noiva… por que non poden viaxar ata o Salnés para comprar marisco? O turismo de compras é unha das motivacións principais de millóns de persoas á hora de escollar un destino para as súas vacacións. E unha nova oportunidade para o sector que na Mancomunidade non queren perder.

Antonio Santos é un experto a nivel mundial nesta materia. Hoxe participou nunha mesa de traballo con representantes da Mancomunidade e do sector turístico saliniense.

O turismo de compras ten outra característica moi interesante para a Mancomunidade: o seu poder desestacionalizador.

Deste xeito, o ente comarcal mantén a súa aposta por reforzar o éxito que O Salnés está a ater como destino para mercados internacionais tan importantes como o ruso ou o chinés.