Dase por concluída a busca dos mariñeiros do ‘Paquito Número 2’

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/29/buscamarineiroscorrubedo2912141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/29/buscamarineiroscorrubedo291214.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Cada vez redúcense máis as esperanzas de atopar os corpos de Santiago Blanco e Antonio Hermo. A actividade na zona de Corrubedo na que se produciu o naufraxio non era a mesma que semanas anteriores. A piques de cumprise xa quince días dende o tráxico suceso apenas quedan efectivos, xa non hai medios aéreos nin marítimos na zona, e por terra só amigos e familiares dos desaparecidos continúan coas batidas na busca dos corpos, dándose así por concluído o operativo oficial de busca. Aínda así prevese un novo operativo para dentro duns días cando se cumpran os vinde días do naufraxio. O responsable da agrupación de Protección Civil de Ribeira, Francisco Sánchez, experto mergullador que está a participar dende un primeiro momento no operativo de busca, considera que cada vez son menos as esperanzas en atopar os corpos de Santiago Blanco e Antonio Hermo.