Abre o prazo de inscrición dos cursos de informática

    RIBEIRA> Esta mañá abríase o prazo de inscrición para poder participar nalgúns dos 16 cursos de informática que se van poñer en marcha entre o 10 de febreiro e o 10 de abril en tres parroquias do municipio: Aguiño, Carreira e Santa Uxía. Sete dos cursos serán de Alfabetización Dixital, dous de DNI electrónico e certificados dixitais, dous de creacións de blogs, un de retoque fotográfico, un de iniciación a procesadores de texto, dous de folla de cálculo (niveis iniciación e intermedio) e un de edición de vídeo. Os interesados poden anotarse en horario de 10 a 14 horas no Aula CeMit, situada na rúa número 1 do lugar de Cubeliños (teléfono: 981 876 043). Tamén cabe a posibilidade de anotarse vía web en https://aulascemit.xunta.es/inscripcion/spring/login