Cambados inviste máis de 100 mil euros na refoma do depósito de auga municipal

CAMBADOS> Cambados inviste 105 mil euros en arranxar o deposito de auga municipal. As obras xa están en marcha e actuarse na fachada exterior, no teito e no interior da instalación. As obras do interior obrigarán a desviar o subministro de auga pero sen que veciñanza se vexa afectada.

O deposito de auga de Cambados levada anos sen recibir ningunha mellora. O paso de tempo foi causando pequenas deficiencias na instalación que estaban provocando goteiras así como outros danos na estrutura. Para evitar máis complicacións, o concello puxo e marcha a reparación completa do depósito.

As obras teñen un custo de 105 mil euros financiados polo plan concellos da deputación de Pontevedra. O proxecto comezou co arranxo do teito e continuará coa fachada exterior e co interior da instalación.

O concello e os técnicos xa tomaron as medidas oportunas para que as obras do interior non afecten ao subministro de auga.

A previsión é que as obras se rematen no prazo dun mes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí